Una xornada técnica de filtración tanxencial e microparticulación cita este mércores representantes de 20 empresas na APLTA
Unhas xornadas técnicas sobre filtración tanxencial e microparticulación citarán este mércores, a partir das 9.30 horas, nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias...
Lugo
Unhas xornadas técnicas sobre filtración tanxencial e microparticulación citarán este mércores, a partir das 9.30 horas, nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC, a representantes dunhas vinte empresas do sector leiteiro. Esta xornada de traballo, na que intervirán como relatores técnicos de proxectos de I+D+i da APLTA e executivos de contas da compañía Sealed Air, permitirá aos asistentes afondar sobre as aplicacións da filtración tanxencial e microparticulación na industria alimentaria e tamén sobre os seus requirimentos hixiénicos.