Skip to main content
STG

O Campus Terra da USC recibe a empresas dos sectores forestal e alimentario para definir os perfís profesionais do futuro

El Campus Terra de la USC recibe a empresas de los sectores forestal y alimentario para definir los perfíles profesionales del futuro
El Campus Terra de la USC recibe a empresas de los sectores forestal y alimentario para definir los perfíles profesionales del futuro
Tralo éxito dos workshops celebrados o pasado martes con representantes dos eidos leiteiro, cárnico e gandeiro, destinados a coñecer cales son os perfís profesionais máis demandados polas empresas, o...
Lugo

Tralo éxito dos workshops celebrados o pasado martes con representantes dos eidos leiteiro, cárnico e gandeiro, destinados a coñecer cales son os perfís profesionais máis demandados polas empresas, o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela celebrou, na mañá deste xoves, un novo encontro con representantes do sector forestal. Os vicerreitores de Coordinación e de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo da USC, Javier Bueno e Andrés Barreiro, recibiron a representantes de Confemadera, Grupo Villapol, FINSA e a Asociación de Empresarios da Madeira, coa intención de coñecer as dificultades coas que se atopan as empresas de cara ao recrutamento de profesionais adecuados. Na reunión tamén participou Roque Rodríguez Soalleiro, coordinador do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible da USC.

 

Estes encontros de traballo céntranse tamén na oferta de servizos de I+D+i do Campus Terra, así como na súa adecuación ás necesidades das empresas. Téntase coñecer máis de preto as necesidades actuais do sector en materia de investigación e servizos tecnolóxicos, a fin de avanzar, deste xeito, na progresiva colaboración das empresas coa USC nos distintos ámbitos de interese e, nomeadamente, cos centros do Campus Terra radicados en Lugo.

 

Durante a tarde, celebrarase unha nova reunión con representantes do sector alimentario na que participarán Aceites Abril, Congalsa, Cafés Candelas, Panadería Dacunha e Granja Campomayor.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.