Campus Terra participa na Semana Verde de Galicia en Silleda
Entre os días 9 e 12 de xuño, a localidade pontevedresa de Silleda acolle a 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Campus Terra, o campus da Universidade de Santiago de Compostela, situado en Lugo, e especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, participa neste evento sectorial cun espazo expositor no que se pode obtener información sobre a oferta académica do Campus; e o desconto, grazas á colaboración da Deputación Provincial de Lugo, do 50% da matrícula para os alumnos que se inicien nas seguintes titulacións:
A feira contará ata o domingo con 590 expositores directos e un completo programa de actividades. Dentro da Semana Verde, o 20º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2016, convértese un ano máis nunha plataforma de negocio e escaparate para a distribución de produtos de calidade, artesáns, gourmet e innovadores. Pola súa banda, os Encontros de Compradores, realizados co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), contribúen á internacionalización das empresas a través de reunións de negocio con 27 importadores, distribuidores e restauradores de 6 países. Ademais, a súa área Alinova outorga relevancia aos produtos innovadores. Finalmente, Fecap Abanca, respaldado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza e outras moitas entidades do sector, celebra a súa terceira edición cun amplio programa e un incremento de expositores.