Ir o contido principal
STG

Campus Terra participa na Semana Verde de Galicia en Silleda

Campus Terra participa en la Semana Verde de Galicia en Silleda
Campus Terra participa en la Semana Verde de Galicia en Silleda
Entre os días 9 e 12 de xuño, a localidade pontevedresa de Silleda acolle a 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Campus Terra, o campus da Universidade de Santiago de Compostela,...
Lugo

Entre os días 9 e 12 de xuño, a localidade pontevedresa de Silleda acolle a 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Campus Terra, o campus da Universidade de Santiago de Compostela, situado en Lugo, e especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, participa neste evento sectorial cun espazo expositor no que se pode obtener información sobre a oferta académica do Campus; e o desconto, grazas á colaboración da Deputación Provincial de Lugo, do 50% da matrícula para os alumnos que se inicien nas seguintes titulacións:

 

 

A feira contará ata o domingo con 590 expositores directos e un completo programa de actividades. Dentro da Semana Verde, o 20º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2016, convértese un ano máis nunha plataforma de negocio e escaparate para a distribución de produtos de calidade, artesáns, gourmet e innovadores. Pola súa banda, os Encontros de Compradores, realizados co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), contribúen á internacionalización das empresas a través de reunións de negocio con 27 importadores, distribuidores e restauradores de 6 países. Ademais, a súa área Alinova outorga relevancia aos produtos innovadores. Finalmente, Fecap Abanca, respaldado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza e outras moitas entidades do sector, celebra a súa terceira edición cun amplio programa e un incremento de expositores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.