O Consello de Goberno da USC aproba o convenio co Xunta para o Plan do Campus Terra
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou na sesión do 2 de outubro o convenio que regulará a colaboración entre a USC e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación...
Lugo
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou na sesión do 2 de outubro o convenio que regulará a colaboración entre a USC e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o plan de actuación 2015-16 do Campus Terra co que se pretende dotar ao Campus de Lugo dunha identidade científica propia que incremente a súa visibilidade e permita aproveitar todo o seu potencial para actuar como motor de cambio na súa contorna a nivel social, económica e territorial.
Trátase de poñer en valor os recursos da terra e contribuír así ao desenvolvemento do medio rural e social galego a través da realización de actividades docentes, de servizos e de I+D+i que ofrezan solucións e dean respostas ás necesidades e retos aos que se enfrontan os sectores implicados: produción sostible de alimentos, seguridade alimentaria, sanidade animal e vexetal, recursos forestais, planificación do territorio, desenvolvemento rural e social, xestión do medio natural sostible, etc…