Ir o contido principal
STG

O Consello de Goberno da USC aproba o convenio co Xunta para o Plan do Campus Terra

El Consejo de Gobierno de la USC aprueba el convenio con la Xunta para el Plan del Campus Terra
El Consejo de Gobierno de la USC aprueba el convenio con la Xunta para el Plan del Campus Terra
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou na sesión do 2 de outubro o convenio que regulará a colaboración entre a USC e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación...
Lugo
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou na sesión do 2 de outubro o convenio que regulará a colaboración entre a USC e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o plan de actuación 2015-16 do Campus Terra co que se pretende dotar ao Campus de Lugo dunha identidade científica propia que incremente a súa visibilidade e permita aproveitar todo o seu potencial para actuar como motor de cambio na súa contorna a nivel social, económica e territorial.
 
Trátase de poñer en valor os recursos da terra e contribuír así ao desenvolvemento do medio rural e social galego a través da realización de actividades docentes, de servizos e de I+D+i que ofrezan solucións e dean respostas ás necesidades e retos aos que se enfrontan os sectores implicados: produción sostible de alimentos, seguridade alimentaria, sanidade animal e vexetal,  recursos forestais, planificación do territorio, desenvolvemento rural e social, xestión do medio natural sostible, etc…
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.