Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG
CNL do campus de Lugo
Imaxe das xornadas

Xornadas de reflexión ao redor do trinomio lingua, muller e medio rural.

  • Neste 2011 cúmprense 80 anos do sufraxio feminino no Estado español. Con este motivo, e atendendo á orientación formativa do Campus de Lugo cara ao medio rural, as comisións de Normalización Lingüística das facultades de Humanidades e Veterinaria e das escolas de Formación de Profesorado e Politécnica Superior queremos propoñer como temática para a reflexión o trinomio lingua, muller e medio rural.

    As xornadas son continuación das primeiras Xornadas "Achegándonos ao Medio Rural", organizadas pola CNL de Veterinaria no ano 2010. Os obxectivos que nos fixamos son:

    • Dar a coñecer o papel das mulleres na transmisión de recursos lingüísticos acordes coas necesidades contextuais de Galicia.
    • Definir estratexias e criterios para o desenvolvemento profesional das mulleres no medio rural.
    • Poñer de manifesto a permeabilidade das dinámicas entre o rural e o urbano e entre o local e o global en relación coa función social das mulleres.
    • Difundir experiencias profesionais de mulleres centradas na utilización da lingua galega.
    • Achegar a realidade das mulleres que traballan e viven no medio rural á comunidade universitaria e ao público en xeral.

    As xornadas artéllanse arredor de catro táboas redondas e unha conferencia marco. Cada unha das táboas redondas organízase entorno a experiencias de mulleres que apostaron polo rural en temáticas relacionadas cos centros e coa difusión dos usos lingüísticos.

    Colaboran a Deputación de Lugo (Vicepresidencia Primeira) e a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
     

  • Campus de Lugo, 16, 23 e 30 de marzo, 6 e 14 abril de 2011

  • Mércores 16 de marzo

    Salón de Actos da Vicerreitoría do Campus de Lugo (enfronte á catedral)

    19:00 Acto de apertura
    19:15-20:30 Conferencia inaugural: O papel das mulleres nas dinámicas de substitución ou de mantemento da lingua, Goretti Sanmartín Rei (Universidade da Coruña)

    Mércores 23 de marzo

    Facultade de Veterinaria

    17:00–19:00 Mulleres apostando polo medio rural. Táboa redonda
    • Roser Cervera Rotllant. Veterinaria clínica
    • Ingeborg Rossel. Empresaria rural. Cooperativa Ribeira do Navia
    • Ana Castro. Empresaria rural e estudante de Veterinaria
       

    Mércores 30 de marzo

    Escola Politécnica Superior

    17:00–19:00 Mulleres para un mundo rural vivo. Táboa redonda
    • Iria Villar. Técnica de aconsellamento de explotacións
    • Pilar Vispo Rodrigues. Xefe de explotación de horta en Vila de Cruces
    • Teresa Sanjurjo. Gandeira de ACRUGA

    Mércores 6 de abril

    Escola de Formación de Profesorado

    17:00–19:00 Educación, lingua e muller no rural galego actual: panel de experiencias. Táboa redonda
    • Representante da Fundación Preescolar na Casa
    • Mestra dunha escola rural
    • Nai dunha escola rural

    Xoves 14 de abril

    Facultade de Humanidades

    17:00–19:00 Vivir no lugar: lingua, xénero e poder. Táboa redonda
    • Representante de Granxa Maruxa, Cumbraos, Monterroso
    • Traballadora despedida do Grupo Sargadelos
    • Representante da Casa da Muller do Concello de Lugo
    • Elena Freire, antropóloga, USC
    19:00–19:30: Acto de clausura e entrega de diplomas.
The contents of this page were updated on 10.23.2023.