Skip to main content
STG

Módulo de prácticas da escola de tenis base (xaneiro)

Foto dos participantes que asistiron en xaneiro ao acto de clausura
Acto de clausura do módulo de prácticas de xaneiro
Do 2 ao 5 de xaneiro (ámbolos dous incluidos) desenvolveuse nas pistas de tenis da USC o primeiro módulo de prácticas da escola de tenis base programado para este curso, no que participaron 59 alumnos

Deste xeito a escola de tenis base da USC recupera a tradición de organizar nesta época invernal un programa de prácticas no que pode participar todo o alumnado interesado nestas, co fin de poder aplicar en situacións de xogo real (en condicións similares ás que se poderían atopar nunha competición, nun adestramento ou de xeito recreativo) o aprendido en clase e de facilitarlle unha ferramenta coa que poder autoavaliar o grado de evolución e desenvolvemento dos coñecementos adquiridos.

Unha vez rematadas as fases iniciais o día 5, pola mañá, celebráronse as fases finais cos seguintes resultados:

Minitenis

Manuel Atán Nieto (1º)

Tiago Pichel Pateiro  (2º)

Grupo de 7 e 8 anos

Álvaro Ferrer Piñeiro (1º)

Lucía Bernárdez Baluja (2ª)

Grupo de 9 e 10 anos

Diego González Fiuza (1º)

Andrea Saborido Pérez (2ª)

Grupo de 11 e 12 anos

Xoel Saborido Pérez (1º)

Alexandre Barcia Montaos (2º)

Grupo de 13 e 14 anos

Nuno Bernárdez Duro (1º)

Miguel Peñamaría García (2º)

Grupo adultos

Brais González Rodríguez (1º)

Marco Antonio Saborido  Silva (2º)

Javier Rico Díaz, delegado do reitor para o Deporte, e Miguel Magán Sarandeses, director da Área Deportiva da USC, presidiron o acto de clausura deste módulo de prácticas, no que se procedeu ao recoñecemento de méritos de todos os participantes presentes, o día 5 ás 14 horas, nas  pistas de tenis 1 e 2 da USC.

The contents of this page were updated on 01.29.2024.