O I Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o primeiro semestre do ano (xaneiro-xuño), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración, a razón de dúas ou tres sesións por mes.
Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.
Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión son:
- A Colección Principal, unha fonte multidisciplinar e multilingüe
- Revistas españolas en Web of Science
- Descubrir citas de calquera obra (novela, arte...)
As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.
Podes inscribirte premendo aquí.