Skip to main content
STG

Programa de Acollida e Orientación de Estudantes

O programa de acollida e orientación de estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación comprende unha serie de accións que se realizan ao longo da estadía do alumnado neste centro.

Accións do Programa

O acto de benvida ao alumnado de novo ingreso ten lugar o primeiro día lectivo do curso académico.

A recepción consiste nunha sesión informativa a cargo do equipo decanal e do xestor do centro sobre a organización e servizos da facultade, que inclúe unha visita ás diferentes aulas técnicas e biblioteca, e que persigue os seguintes obxectivos:

  • a integración no centro do alumnado de novo ingreso. 

  • a orientación sobre cuestións académicas que lle permitan planificar o seu itinerario académico. 

  • a participación do alumnado na vida universitaria en xeral.

Ao longo do curso académico teñen lugar diferentes reunións para orientar ao alumnado interesado nas convocatorias de:

  • Programas de mobilidade interuniversitaria: SICUE, ERASMUS, BILATERAIS e ERASMUS PRÁCTICAS
  • Prácticas Externas, curriculares e extracurriculares, que organiza a facultade.
  • Traballos de Fin de Grao.

Ademáis realízanse xuntanzas periódicas do alumnado cos coordinadores dos diferentes graos e os delegados de curso, de cara a intercambiar impresións, dúbidas e consideracións varias sobre o desenvolvemento do curso académico.

O alumnado seleccionado a través deste programa, en cumprimento do disposto na convocatoria, “dará acollida aos estudantes de novo ingreso exercendo de titor durante todo o ano académico, colaborará na difusión da USC nos centros de ensino medio de Galicia, nas visitas guiadas que o alumnado de secundaria realiza ás instalacións da USC e noutras actividades relacionadas co ensino medio

De acordo co Plan de Accións de Mellora disposto pola Universidade de Santiago de Compostela dende o curso 2016-17, no que se contemplaba “facilitar información sobre o abandono potencial anticipándose á finalización do curso académico”, a Área de Calidade ven distribuíndo entre os centros, un informe de abandono potencial ao remate do primeiro semestre.

Como resposta ao contido deste informe semestral, a nosa Facultade pon en marcha dende entón, un protocolo de actuación, de ser o caso, destinado a reorientar, apoiar, facer un seguimento exhaustivo e disuadir, cando resulte conveniente, ao alumnado en risco de abandono dos seus estudos de grao ou de dobre grao.

The contents of this page were updated on 01.15.2025.