Skip to main content
STG

Dobre autentificación para acceder a Web of Science a través da páxina da FECYT

A FECYT reforza a seguridade no acceso a Web of Science
A FECYT reforza a seguridade no acceso a Web of Science
A FECYT vén de reforzar a seguridade no acceso á base de datos Web of Science ao implementar unha dobre autentificación no acceso remoto a través da súa web

A FECYT vén de implementar unha dobre autentificación no acceso remoto a Web of Science (Usuario/Contrasinal) a través da súa web (https://www.recursoscientificos.fecyt.es/).

Deste xeito, o acceso remoto con credenciais seguirá funcionando da mesma maneira que ata o de agora. 

1.O usuario debe loguearse no sistema co seu correo electrónico e contrasinal.

2. O sistema enviaralle un código dun só uso á conta de correo indicada. Este código é válido durante 5 minutos. Pasado este tempo, deberá solicitar outro código de acceso seguindo as instrucións indicadas.

3. Introducir o código na caixa "Código de validación" e volver a pulsar en "No soy un robot" e en "Acceder".

O usuario debe introducir o código de validación que será enviado ao email indicado
O usuario debe introducir o código de validación que será enviado ao email indicado
The contents of this page were updated on 02.05.2025.