Skip to main content
STG

Santiago acolle as citas internacionais do Atlas Linguarum Europae e do Atlas Linguistique Roman

Santiago acolle as citas internacionais do Atlas Linguarum Europae e do Atlas Linguistique Roman
Santiago acolle as citas internacionais do Atlas Linguarum Europae e do Atlas Linguistique Roman

Entre este martes 20 e o venres 23 a Facultade de Filoloxía e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acollerán dúas importantes citas científicas no eido da lingüística como son o 50º Congreso Internacional do Atlas Linguarum Europae (ALE) e o XXII do Atlas Linguistique Roman (ALiR) nas que se afondará no coñecemento da variedade lingüística existente no territorio europeo e de maneira especial no que se falan linguas románicas.

O Atlas Linguarum Europae é un proxecto que comezou a principios dos anos 70 do sécuilo pasado patrocinado pola UNESCO e que ten como finalidade a descrición actual da diversidade dialectal de todas as linguas de Europa e a súa representación cartográfica. Pola súa banda, o proxecto do Atlas Linguistique Roman (ALiR) foi promovido pola Universidade de Grenoble como unha necesidade xurdida dentro do Comité románico do ALE de afondar no estudo da realidade dialectal do espazo románico europeo. Neste proxecto participan máis de trinta universidades e centros de investigación de todos os países europeos que teñen falas románicas no seu espazo territorial.

Ambos os dous congresos inauguráronse na Facultade de Filoloxía nun acto oficial que presidiu o reitor Juan Viaño e ao que lle seguiu unha conferencia do catedrático da USC Manuel González titulada ‘Dialectoloxía e xeolingüística en Galicia’.

The contents of this page were updated on 06.19.2017.