Convocatoria aberta ata o 30 de setembro do 2025 ou ata que se esgoten os fondos dispoñibles no Plan Microcreds
A través dos Fondos Next Generation da Unión Europea, aprobouse o “Plan para el desarrollo de microcredenciales universitarias” (Plan Microcreds), que ten como obxectivo o impulso dunha nova oferta de microcredenciais universitarias para a recualificación da poboación adulta, entre 25 e 64 anos, mediante formacións breves, flexibles, modulares e orientadas á adquisición de habilidades e competencias concretas requiridas no eido laboral, dotando un fondo de 50 millóns de euros.
A USC, en execución do Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento e execución de microcredenciais, no marco do compoñente 21, investimento 6 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea -Next Generation EU, de 2 de maio de 2025, recibirá unha subvención total de 422.547,64 €, co obxecto de impartir un mínimo de 11 accións formativas (microcredenciais universitarias) conducentes á emisión de, como mínimo, 642 certificacións dixitais a través da plataforma Europass para o estudantado que as finalice con éxito, antes do 31 de maio de 2026.
Características das accións formativas:
-
A oferta de microcredenciais basearase nunha prospección das necesidades de recualificación da poboación adulta. Este aspecto articularase a través da presentación do documento de declaración de interese .
-
O deseño das microcredenciais deberá estar enfocado á adquisición de resultados de aprendizaxe.
-
Dirixidas a poboación entre 25 e 64 anos.
-
A duración será menor de 15 ECTS (recomendado entre 1 e 5 ECTS) en modalidade presencial, on line ou híbrida.
-
A financiación podo cubrir ata o 70% dos custes de produción e impartición. O resto cubrirase con ingresos propios procedentes de matrículas ou a aportación dun terceiro.
-
Posibilidade de exención completa de matrícula segundo os requisitos da convocatoria.
Como solicitalo
1.- Enche o formulario de solicitude de proposta convérteo a .pdf e asínao.
2.- Enche o orzamento económico da proposta e convérteo en .pdf.
3.- Introduce todos os documentos en formato editable e os pdf a través da Sede Electrónica da USC. Xunto co documento de declaración de interese