Skip to main content
STG

Seminario web con inscrición previa

Preguntas frecuentes sobre os perfís de investigadores en Web of Science (nivel avanzado)

01.21.2026 | 14.00h-15.00h

O I Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o primeiro semestre do ano (xaneiro-xuño), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración, a razón de dúas ou tres sesións por mes.

Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional
Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional

Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas.  As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Este webinar terá os seguintes contidos:

  • Engadir publicacións fóra da Colección Principal
  • Resolver as incidencias máis comúns
  • Como as bibliotecas poden axudar

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Podes inscribirte nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 01.08.2026.