O curso que se oferta enmárcase no Plan para o Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias (Plan Microcreds), financiado a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no Compoñente 21, Investimento 6.
Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar unha nova oferta de microcredenciais universitarias orientadas á recualificación da poboación adulta, mediante accións formativas breves, flexibles e modulares, enfocadas á adquisición de habilidades e competencias específicas demandadas no mercado laboral.
Neste contexto, o curso destínase especificamente á formación de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou mulleres en contextos de prostitución, usuarias dos servizos de Cáritas Diocesana de Lugo, entidade que desenvolve unha labor de atención integral e acompañamento social con este colectivo. A través desta acción formativa preténdese favorecer a súa empregabilidade, autonomía persoal e inclusión sociolaboral, contribuíndo aos seus procesos de recuperación e empoderamento.
Programas e Contidos:
Módulo 1 Introdución á atención domiciliaria
Contidos: Funcións da atención domiciliaria; confidencialidade; trato digno.
Duración 4 horas.
Módulo 2 Coidados básicos á persoa
Contidos: Aseo; prevención de úlceras; mobilización segura; ergonomía.
Duración 7 horas
Módulo 3 Alimentación e medicación
Contidos: Dietas; manipulación segura; axuda á toma de medicación.
Duración 7 horas
Módulo 4 Acompañamento emocional e comunicación
Contidos: Comunicación empática; estimulación cognitiva; acompañamento.
Duración 4 horas
Módulo 5 Prevención de riscos no fogar
Contidos: RCP básica; riscos eléctricos; caídas; incendios.
Duración 4 horas
Módulo 6 Planificación e rexistro
Contidos: Rexistro de incidencias; plan de actuación diaria.
Duración 4 horas
Obxectivos
Coñecemento das normas de hixiene, mobilización e asistencia no fogar para o coidado de persoas maiores e/ou con dispacidade.
Aplicación das técnicas de mobilización de persoas con problemas de mobilidade.
Coñecemento dos coidados especiais requiridos polas persoas maiores, tanto a nivel físico como psicolóxico.
Competencias
T.6.1
-Aplicar normas de hixiene.
-Xestionar enfermidades crónicas.
-Ofrecer asistencia no fogar a persoas con discapacidade
S3.6.1. Prestar asistencia a persoas con problemas de mobilidade
S3.6.2.
-Coidar a persoas maiores
-Ofrecer asistencia no fogar a persoas con discapacidade
K0921.-Asistencia a adultos maiores e discapacitados.
Metodoloxía:
A metodoloxía didáctica basearase nun enfoque activo, participativo e inclusivo, orientado á empregabilidade e á aprendizaxe por competencias. Integraranse habilidades dixitais, sociais, comunicativas e técnicas mediante actividades prácticas como simulacións, estudos de caso e traballo colaborativo, adaptándose a distintos ritmos e niveis. A formación desenvolverase de maneira presencial, combinando teoría e práctica, cunha atención especial ao apoderamento feminino, á autoconfianza e á autonomía persoal, favorecendo a preparación para tarefas reais e a inclusión sociolaboral das participantes
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 21/01/2026 ao 27/01/2026
PRAZO DE MATRÍCULA: do 28/01/2026 ao 06/02/2026.
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
Persoas entre 25 e 64 anos, cumpridos na data de comezo do curso. A selección farase por orde de inscrición e terán prioridade as persoas usuarias dos servizos Cáritas Lugo.
NÚMERO DE PRAZAS: 15
NÚMERO DE HORAS: 30
DATAS DE INICIO E FIN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS: do 16/02/2026 ao 25/02/2026
HORARIOS:
- 16, 18, 19, 20 e 23 de febreiro: 9:30-13:30 h.
- 24 e 25 de febreiro: 9:00-14:00 h.
LUGAR:
Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo