Dispoñible a versión definitiva dos datos relativos ao factor de impacto, JCR 2024
Xa se pode consultar a versión definitiva dos datos relativos ao factor de impacto dos índices SCIE e SSCI, JCR 2024. Estes son accesibles a través da ferramenta de consulta do factor de impacto e outras métricas da Fecyt. A ferramenta permite realizar buscas sobre revistas e ir refinando os criterios, ata recopilar a información desexada para poder visualizala en pantalla ou exportala en formato PDF. Así, calquera usuario ou investigador dunha institución que forme parte de la licencia nacional de Web of Science, como é o caso da BUSC, pode acceder á consulta da información relativa a JCR 2024.
Hai que recordar que os índices de AHCI, ESCI, SCIE e SSCI están tamén dispoñibles en formato Excel, para a súa carga en CRIS e aplicativos institucionais.