Dende 2017 Canal Sénior desenvolve a primeira plataforma dixital gratuíta especializada en contidos formativos, actividades en directo, recursos culturais e espazos de acompañamento dirixidos a persoas maiores de 55 anos en todo o territorio.
Programa de Voluntariado Dixital Creativo
Participación na creación de contidos dixitais en colaboración con persoas sénior ou dirixidos á comunidade maior, fomentando o intercambio de coñecementos e experiencias entre xeracións. A comunidade universitaria poderá colaborar na elaboración de vídeos, podcast, pezas divulgativas e pequenos proxectos de comunicación social, acompañando ás persoas maiores no proceso creativo e tecnolóxico ou desenvolvendo contidos adaptados aos seus intereses e necesidades.
- Horario: Flexible, de luns a venres. A acordar coa persoa voluntaria.
- Prazas: 15
Programa de acompañamento social
Programa de acompañamento periódico a persoas maiores a través de chamadas telefónicas ou videochamadas, co obxectivo de reducir a soidade non desexada e reforzar o vínculo social. O voluntariado establece unha relación continuada baseada na escoita activa, a conversa e o apoio emocional, promovendo relacións de confianza e apoio mutuo.
- Horario: Flexible. Chamadas semanais ou quincenais en franxa horaria a acordar coa persoa voluntaria.
-
Prazas: 20
Voluntariado local presencial
Dinamización e participación en actividades presenciais organizadas en centros de día, asociacións ou espazos comunitarios, con carácter puntual ou en accións concretas ao longo do curso académico. Inclúe apoio en dinámicas grupais, actividades culturais, obradoiros tecnolóxicos e eventos especiais.
- Horario: Accións puntuais en horario de mañá ou tarde, segundo actividade e dispoñibilidade do centro colaborador.
- Prazas: 10
Mentoría dixital interxeracional
Apoio tecnolóxico personalizado a persoas maiores, acompañándoas na resolución de dúbidas dixitais concretas como o uso do móbil, aplicacións, trámites en liña ou ferramentas de comunicación. A mentoría como un proceso bidireccional de aprendizaxe: mentres o voluntariado ofrece apoio tecnolóxico, as persoas maiores poden compartir coñecementos, experiencia vital e orientación en ámbitos profesionais, persoais ou académicos, xerando un verdadeiro espazo de diálogo entre xeracións.
- Horario: Sesións semanais ou quincenais en franxa horaria a consensuar. Modalidade flexible, en formato presencial ou en liña.
- Prazas: 15