ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
O obxectivo deste curso é proporcionar unha visión global dos principais trazos caracterizadores da economía española, así como os logros e carencias do proceso de modernización da economía galega.
En “Temas actuais de economía” realizarase unha aproximación á economía española e galega, dirixido aos alumnos de IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.
Rasgos estruturais básicos da economía española.
As relacións externas e o modelo de equilibrio externo.
O sistema financeiro. O financiamento da economía.
O sector público. O papel e tamaño do estado vs mercado. Política fiscal.
Actividade económica da poboación. O mercado de traballo. O Paro.
A distribución da renda. A dimensión espacial: Desigualdades rexionais. Integración europea e converxencia da economía española.
Rasgos estruturais básicos da economía galega.
As interpretacións do atraso económico de Galiza. As estratexias de desenvolvemento económico.
Antuñano Maruri, I., Sánchez Andrés, A., et al. (2009): Política económica. Elaboración y políticas coyunturales. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
Chang, H-J., (2014): Economía para el 99% de la población. Barcelona: Ed. Debate.
García Delgado, J. L. (Dir.), (2013): Lecciones de economía española. Madrid: Ed. Cívitas.
Prada Blanco, A., e Lago Peñas, S. (2009): Galicia, unha economía europea. Vigo: Ed. Galaxia.
-
O desenvolvemento do programa realizará-se mediante exposicións do profesor, onde se promoverá o debate e participación activa do alumno na aula. Ademais suxeriranse lecturas que complementen ou amplíen os temas tratados para aqueles alumnos interesados.
A avaliación realizarase basicamente a través do control de asistencia e a participación activa. Eventualmente poderase complementar con lecturas ou traballos, a demanda dos alumnos interesados.
-
-
OBSERVACIÓNS
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Luis Castañon Llamas
Coordinador/a- Department
- Applied Economics
- Area
- Applied Economics
- Phone
- 982824407
- luis.castanon [at] usc.es
- Category
- Professor: Temporary PhD professor