ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Student's work ECTS: 45 Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 75
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: Sin Docencia (Ofertada)
Enrolment: No Matriculable
Esta materia trata de proporcionar ao alumnado un coñecemento básico e, ao tempo, rigoroso dos principais aspectos do sistema xurídico español vixente en materia de Dereito, principalmente, privado. Teranse en conta outras pólas do ordenamento xurídico como o Dereito constitucional e o Dereito penal. Xa que logo, seguirase un enfoque pluridisciplinar.
Hai a posibilidade de que, a petición do alumnado, se trate algún tema específico, sexa pola súa actualidade, sexa polo interese particular dos asistentes ao curso. Trátase, entón, dun programa aberto ás suxestións do alumnado.
• Comprensión da composición e estrutura do sistema constitucional español
• Comprensión da creación e aplicación das normas xurídicas
• Comprensión das principais institucións de Dereito privado
Tema I.- Estrutura política constitucional
Tema II.- Sistema de fontes
Tema III.- Organización xudicial
Tema IV.- Procedementos xudiciais
Tema V.- Dereito da persoa
Tema VI.- As obrigacións
Tema VII.- Os dereitos reais
Tema VIII.- A herdanza
Entregaranse as leccións a través do campus virtual.
• Comprensión e familiaridade coa linguaxe xurídica básica
• Capacidade de procura da normativa aplicable e decisións xudiciais
• Capacidade de análise crítica e aplicación práctica de coñecementos
Combinaranse as clases expositivas e interactivas coa resolución de casos prácticos e comentarios de sentenzas.
Dous exames parciais tipo test.
A asistencia ás aulas.
A asistencia ás aulas
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.