Ir o contido principal
STG

O Museo de Historia Natural incorpora ás súas salas unha exposición temporal sobre plásticos nos océanos

A mostra poderase ver ata finais de setembro
A mostra poderase ver ata finais de setembro
Unha vitrina exhibe o contido estomacal dun cifio varado na Coruña no ano 2023, como exemplo concreto dos efectos negativos destes residuos no medio natural

As salas do Museo de Historia Natural (MHN) da USC acollen este verán, ata finais de setembro, unha exposición temporal que trata o tema dos plásticos nos océanos e que estará aberta ao público con entrada de balde ata finais de setembro.  Esta mostra pretende sensibilizar sobre este problema medioambiental para que se lembre a importancia das xigantes masas de auga e como advertencia do impacto negativo que teñen as actividades humanas sobre elas.

A exposición consta de cinco paneis informativos e unha vitrina co contido estomacal dun cifio (Ziphius cavirostris) varado na Coruña no ano 2023, cedido pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), como testemuño do impacto devastador dos plásticos na vida mariña.

O horario para contemplar esta e as outras mostras que acolle o MHN é de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas e os domingos en horario de mañá; a partir do 14 de setembro abre polas mañás ás 10.00 horas. O Museo permanecerá pechado os días 15, 16, 17 e 18 de agosto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.07.2024.