Ir o contido principal
STG

Resolto o III Concurso de Fotografía da Natureza da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural

O primeiro premio, de 300 euros, foi para Guadalupe Rodríguez Vázquez polo seu traballo titulado ‘Amor entre pétalos’
O primeiro premio, de 300 euros, foi para Guadalupe Rodríguez Vázquez polo seu traballo titulado ‘Amor entre pétalos’
Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías, previsto para este mes de decembro
Santiago de Compostela

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten as persoas gañadoras do III Concurso de Fotografía da Natureza: Insectos, que se desenvolveu nos meses de outubro e novembro de 2022. O primeiro premio, de 300 euros, foi para Guadalupe Rodríguez Vázquez polo seu traballo titulado ‘Amor entre pétalos’; o segundo, de 200 euros, para José Otero Neo, pola fotografía ‘Outras cores do outono’; e o terceiro, de 100 euros, para Javier Cabana Soengas por ‘Cruce de camiños’.

O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos. Os gañadores elixíronse por votación secreta. Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso, previsto para este mes de decembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2024.