A USC convoca 27 bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra para alumnado de grao e mestrado
O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 23 de febreiro na sede electrónica da USC. A nova convocatoria eleva a preto de 70 as axudas habilitadas para que alumnado do Campus Terra comece a súa carreira científica. O importe máximo das achegas é de 2.576 euros por un período de catro meses
Read moreA Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais celebra o seu 50 aniversario na Facultade de Ciencias
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Rivo, o presidente da SGPRL, Carlos Montes, e o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, clausuran as xornadas ‘O futuro da seguridade e a saúde no traballo escríbese hoxe’
Read moreAs Faíscas Culturais aterran en Ciencias e Veterinaria da man de Hugo Torres, coa performance ‘Bahía botánica’
O espectáculo conducido polo actor e compositor luso nos centros da sede universitaria luguesa recrea unha conversa entre uns ser animal que procura o seu lugar no mundo e plantas que ansían sol e felicidade
Read moreMatemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química conmemoran a festividade de Santo Alberte Magno
No marco da sesión presidida polo reitor Antonio López impúxoselle a Insignia de Ouro da USC ao profesor da área de Álxebra, Felipe Gago
Read moreO concurso ‘A ciencia en imaxe’ engade unha modalidade de carteis divulgativos
O concurso que conmemora a festividade do patrón de Ciencias, engade na súa décima edición unha nova categoría de Carteis divulgativos que leva por nome Domingo Fontán. O prazo estará aberto ata o 8 de novembro
Read moreCientíficos internacionais debaten na USC os últimos achados e avances na área de química orgánica sintética na ECSOC 27
Máis de 175 investigadores de todo o mundo participan como relatores na 27 edición da Conferencia Electrónica Internacional sobre Química Orgánica Sintética (ECSOC), un foro coordinado polos investigadores do grupo de Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra que se desenvolve en liña do 15 ao 30 de novembro
Read moreCampus Terra, unha fonte de solucións innovadoras para o sector agroalimentario
Investigadores integrados no grupo Análise Sensorial, Valoración Nutricional e Desenvolvemento de Novos Alimentos (Labtecali) da USC, que acaba de ser recoñecido como de referencia competitiva pola Xunta de Galicia, achegan a empresas e produtores do sector agroalimentario alternativas de I+D+i apropiadas para mellorar a rendibilidade e optimizar o éxito da súa actividade
Read morePublicada a listaxe de prazas vacantes en mestrados da USC para o curso 2023-2024
O prazo de matrícula esténdese do 18 de agosto ao 15 de setembro e as prazas iranse ocupando pola orde cronolóxica de formalización da matrícula na Secretaría Virtual
Read moreOnce centros da USC, premiados pola súas boas prácticas e polo seu labor de innovación docente
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría e as facultades de Ciencias, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Comunicación, Filoloxía, Física, Formación do Profesorado, Óptica e Optometría, Psicoloxía, Química e Veterinaria foron os centros galardoados
Read moreO talento investigador mozo agroma no Campus Terra da man de XuvenCiencia
O divulgador científico Manuel Vicente salienta a “capacidade hipnótica da ciencia” na apertura do XI Campus de Verán XuvenCiencia, un programa de convivencia e experimentación científica que ofrece a 95 estudantes de ensino secundario, Bacharelato e Formación Profesional a posibilidade de achegarse durante unha semana de xeito divertido á I+D a través de 16 obradoiros e múltiples actividades de lecer
Read moreA Aula de Produtos Lácteos cita 90 empresas nun foro sobre aditivos e ingredientes na industria alimentaria
A innovación alimentaria e as funcionalidades de diversos ingredientes e aditivos centraron a primeira xornada dun programa de transferencia que remata este venres cun coloquio sobre a estratexia das empresas para desenvolver novos produtos
Read moreRobótica e XuvenCiencia presentan novos proxectos tecnolóxicos e kits de experimentación na Maker Faire Galicia
Alumnado do grao en Robótica na EPS de Enxeñaría e investigadores do grupo Xuvenciencia no Campus Terra da USC amosan no maior evento de innovación tecnolóxica de Galicia media ducia de prototipos tecnolóxicos e kits de experimentación científica a empresas, estudantes e emprendedores
Read moreO Campus Terra convoca 27 bolsas de iniciación á investigación para alumnado de grao e mestrado
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto desde o 1 de xuño ata o 20 de xullo. As bolsas terán unha duración de 4 meses, entre setembro e decembro de 2023, e a solicitude das achegas debe formalizarse a través sede electrónica da USC
Read moreA Facultade de Ciencias abre o concurso ‘Petiscos de ciencia’ para achegar a investigación en galego á mocidade
O certame de vídeos promovido pola Comisión de Normalización Lingüística do centro lugués e dirixida a estudantes preuniversitarios busca fomentar a divulgación científica en lingua galega. O prazo de presentación de propostas ao certame permanece aberto ata o 15 de outubro de 2023
Read more