Ir o contido principal
STG

Publicada a listaxe de prazas vacantes en mestrados da USC para o curso 2023-2024

O prazo de matrícula arranca este venres 18 de agosto ás 10.00 horas. FOTO: Santi Alvite
O prazo de matrícula arranca este venres 18 de agosto ás 10.00 horas. FOTO: Santi Alvite
O prazo de matrícula esténdese do 18 de agosto ao 15 de setembro e as prazas iranse ocupando pola orde cronolóxica de formalización da matrícula na Secretaría Virtual
Lugo, Santiago de Compostela

O Servizo de Xestión Académica da USC acaba de publicar a listaxe de prazas vacantes para a matrícula en mestrados da USC no curso 2023-24. A relación inclúe 364 prazas dispoñibles para cursar estudos en 46 titulacións, ás que se suman outras 35 que contan con listaxes de agarda e que procederán con chamamentos individuais para esgotar as prazas dispoñibles e outras 2 que xa non contan con vacantes.

O prazo de matrícula arranca este venres 18 de agosto ás 10.00 horas e esténdese ata o 15 de setembro ás 23.59 horas. As prazas iranse ocupando por estrita orde cronolóxica de formalización da matrícula a través da Secretaría Virtual da USC. O Servizo de Xestión Académica irá publicando listaxes actualizadas das vacantes existentes con periodicidade semanal. A primeira destas actualizacións terá lugar o mércores 23 de agosto ás 14.00 horas e estará dispoñible na páxina web do servizo.

En caso de ser necesario para ocupar a totalidade das prazas, poderá haber unha ampliación do período de matrícula entre o 21 de setembro e o 2 de outubro.

Ademais este ano, e en cumprimento do Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, existe un procedemento específico de matrícula condicionada para o estudantado ao que lle só lle reste o Traballo fin de grao (TFG) e un máximo de 9 ECTS para rematar a titulación de grao e que desexe matricularse nun destes mestrados nos que existen vacantes. O prazo de solicitude para as persoas que se atopen nesta situación, estará aberto do 4 ao 5 de outubro de 2023.
 

Calendario xeral de matrícula en mestrados da USC para o curso 2023-2024
Calendario xeral de matrícula en mestrados da USC para o curso 2023-2024
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2023.