Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Neste curso aprenderemos que é a perspectiva de xénero e a súa relavancia na investigación e na produción dun coñecemendo de maior calidade, procurando evitar os nesgos sexistas que adoitan reproducirse. Achegaremos unha primeira aproximación ao concepto e perspectiva de xénero na investigación, coñeceremos os nesgos habituais no proceso de investigación así como nas achegas das epistemoloxías feministas e outras perspectivas críticas da ciencia. Reflexionaremos sobre a existencia dunha metodoloxía de investigación feminista e daremos pautas sobre como introducir a perspectiva de xénero en cada paso do proceso investigador, procurando acompañar ao alumnado que desexe implementar estas recomendacións na súa propia tese de doutoramento.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
14/05/2024 - 21/05/2024
Desarrollo de la actividad
28/05/2024 - 05/06/2024
Profesor/a
Guadalupe Jimenez Esquinas
| Group | Place | Dates | Schedule |
|---|---|---|---|
| O concepto de xénero e o seu valor na investigación actual | Seminario Margaret Mead - 303. Facultade de Filosofía | 28 e 29 de maio e 4 e 5 de xuño de 2024 | de 16.30 a 19.00 h |
SESIÓN 1 (expositiva)
- Que é a perspectiva de xénero?
- Nesgos no proceso de investigación
- Críticas á ciencia: epistemoloxías feministas e epistemoloxías contrahexemónicas
- Movementos sociais e investigación: ciencia ao servizo da sociedade.
SESIÓN 2 (interactiva)
- Análise das lecturas propostas e debate.
- Lectura 1: Lugones, María (2008) Colonialidad y género, Tabula Rasa, 9: 73 - 101.
- Lectura 2: Hill Collins, Patricia (2012) Rasgos distintivos del pensamiento feminista negro. En M. Jabardo (Ed.) Feminismos negros: una antología. TdS
SESIÓN 3 (expositiva)
- Existe un método feminista?
- Como introducir a perspectiva de xénero na investigación?
- Exemplos e boas prácticas
SESIÓN 4 (interactiva)
- Análise das lecturas e debate.
- Lectura 3: Harding, Sandra (1987) “Is There a Feminist Method?” en S. Harding (ed.) Feminism and Methodology. Indiana University Press.
- Lectura 4: Martín Palomo, María Teresa y Muñoz Terrón, José María (2014). Epistemología, metodología y métodos. ¿Qué herramientas para qué feminismo? Reflexiones a partir del estudio del cuidado. Qua-derns de Psicologia, 16(1), 35-44. http://dx.doi.org/10.5565/rev/qpsicologia.1213
Guadalupe Jiménez-Esquinas https://investigacion.usc.gal/investigadores/59342/detalle?lang=es