Skip to main content
STG

Latest news

Paisaxe xa deixa pegada no territorio

As intervencións desenvolvidas por alumnado matriculado no grao de Paisaxe na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e na UDC transforman espazos degradados e achegan ideas para renaturalizar a ría de Pontevedra, embelecer os xardíns de Allariz, conectar o castro de Elviña coa trama urbana ou revitalizar a Valgada do Campus de Lugo

Read more

USC e UTAD intensifican a cooperación nos ámbitos científico e académico na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Unha delegación da Universidade de Tras os Montes Alto Douro, encabezada polo reitor Emídio Ferreira dos Santos, visita o Campus Terra da USC para incentivar a mobilidade interuniversitaria, avanzar no deseño de programas de doutoramento conxunto, ademais de para perfilar a candidatura dun proxecto Interreg sobre dixitalización da historia clínica veterinaria liderado pola Fundación Rof Codina e explorar outras convocatorias competitivas no marco do programa Horizonte Europa

Read more