Plataforma que ofrece á comunidade investigadora información das súas actividades e dos créditos e gastos das mesmas (está en proceso de transformación). Así mesmo é a ferramenta para propoñer diversas actuacións, tales como:
- Convocatorias de selección para e contratación de persoal para o desenvolvemento das actividades de I+D+i
- Solicitude de certificados de participación en actividades de I+D+i
- Actualización do catálogo de investigadores e grupos de investigación
- Rexistro de investigadoras/es visitantes
- Pagamentos ao equipo investigador das actividades contratadas (artigo 60 da LOSU)
- Pagamentos a colaboradores externos en actividades de I+D+i
É unha ferramenta común para todas as persoas que exercen o papel de dirección de unidades de gasto (non só do ámbito de I+D+i), que ofrece información sobre os créditos e gastos das partidas, e permite realizar determinados pedimentos electrónicos de xeito semiautomatizado. Está en proceso de transformación.
É unha ferramenta que ofrece ao/á IP información actualizada do estado das actividades para as cales é preciso a presentación de conta xustificativa aos organismos financiadores.
É unha ferramenta dirixida ás unidades de asuntos económicos. Ofrece información actualizada das cantidades que é preciso reter no sistema contable para asegurar o financiamento correcto dos contratos de persoal no ámbito da I+D+i.
Ferramenta que permite facer unha estimación dos custos dos contratos laborais en función das modalidades, categorías e retribucións aprobadas.
Ferramenta de xestión de axudas e convocatorias
Documentación para estudos con persoas e estudos con animais de experimentación e estudos con organismos modificados xenéticamente non considerados animais de experimentación
O desenvolvemento das actividades de investigación do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos precisan realizar ausencias temporais fóra da USC para realizar actividades vinculadas coas función que se desenvolvan.
Estas ausencias do posto de traballo derivadas de actividades de investigación deben, contar en todos os casos, cunha autorización previa da Vicerreitoría de Política Científica, e por este motivo establécese un procedemento para a súa xestión e comunicación aos distintos órganos.