Skip to main content
STG

O equipo do profesor Elisardo Becoña elabora unha escala que con seis preguntas determina se un fumador é dependente da nicotina

Elisardo Becoña, responsable da Unidade de Tabaquismo da USC
Elisardo Becoña, responsable da Unidade de Tabaquismo da USC
O estudo, que acaba de publicarse na revista

Con só responder a seis preguntas pódese saber se un fumador é dependente ou non da nicotina. Este é o obxecto da escala desenvolvida polo equipo do profesor Elisardo Becoña, que dirixe a Unidade de Tabaquismo da USC, quen considera que coñecer a dependencia é de gran relevancia para a elección do mellor tratamento para os fumadores. De feito, as persoas non dependentes poden deixar de fumar sen esforzo, o que ocorre con 37% dos actuais fumadores en Galicia, segundo explica o profesor. Pola contra, os dependentes, unha parte deixan o hábito por eles mesmoS e outra precisan axuda ou non queren intentalo pola propia supeditación que teñen ao tabaco. A ‘Escala breve de avaliación do Síndrome de Dependencia da Nicotina (NDSS-S) en fumadores españois’ acaba de publicarse na revista Psicothema, nun artigo no que se presenta o test de seis preguntas breves. A relevancia deste patrón atópase, tal e como sinala Becoña, en que nun minuto se pode saber se un fumador é ou no dependente da nicotina, seguindo os actuales criterios diagnósticos para este trastorno. Para a elaboración deste estudo usouse unha ampla mostra de 1.601 fumadores, procedentes de cinco centros de atención primaria de Galicia, Madrid, Andalucía, da Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía da USC e da Unidade de Conductas Adictivas de Ourense. A escala de Elisardo Becoña é o desenvolvemento doutra máis ampla, elaborada polo doutor Shiffman da Universidade de Pensilvania, con que colabora dende hai anos e que é o método internacional con mellor funcionamento do que se dispón para avaliar a dependencia da nicotina. Así, no estudo do equipo do profesor da USC desenvólvese unha escala corta que ten, segundo os seus responsables, un bo funcionamento psicométrico (excelente fiabilidade) e unha boa capacidade predictiva. O artigo completo pode consultarse no enlace http://www.psicothema.com/psicothema.asp?ID=3860.

The contents of this page were updated on 02.17.2011.