Skip to main content
STG

Unhas xornadas na USC profundan na necesaria sinerxia entre as matemáticas e a investigación biomédica

Unhas xornadas na USC profundan na necesaria sinerxia entre as matemáticas e a investigación biomédica
Unhas xornadas na USC profundan na necesaria sinerxia entre as matemáticas e a investigación biomédica

A pesar de que a matemática española está experimentando un notable avance se precisa dun maior impulso en materia de investigación, formación e transferencia matemática de calidade. Neste senso, e para dar resposta concreta á forte demanda da figura do matemático na investigación biomédica actual, a Facultade de Matemáticas congrega este venres 15 e o sábado a preto de douscentos investigadores nas Xornadas TopDown de i-MATH ‘Desafíos matemáticos e computacionais na investigación biomédica’. A inauguración tivo lugar pola mañá coa asistencia do reitor Juan Casares; da coordinadora de i-MATH e presidenta da Rede Española Matemática – Industria, Peregrina Quintela Estévez; do director do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC, César Sánchez Sellero; do director do CIMUS, Carlos Diéguez González; e da investigadora principal do grupo de investigación GRID[ECMB] e da Rede Nacional de Bioestadística biostatnet, Carmen Cadarso Suárez. Desde hai uns anos as comunidades matemática e a biomédica están tomando conciencia da importancia da colaboración entre elas, algo que o proxecto Ingenio Consolider i-MATH valora como unha forma de transferencia de tecnoloxía matemática. Proba diso son as temáticas tratadas na sesión deste venres, que van dende a relación entre a radioterapia e as matemáticas aos contrastes en xenómica pasando por modelos matemáticos para describir as unidades de información no cerebro. A biomecánica de ósos con aplicacións en ortodoncia e ortopedia, enfoques matemáticos en medicina nuclear ou aspectos matemáticos en probas diagnósticas clínicas son algunhas das cuestións que se tratarán na sesión do sábado. Organización As xornadas organízaas o grupo multidisciplinar GRID[ECMB] integrado por investigadores das áreas da estatística, computación, medicina e bioloxía, con sede na USC e dirixido pola catedrática de Estatística Carmen Cadarso Suárez. Compóñeno ademais investigadores da USC, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e das Universidade de Vigo, portuguesas Nova de Lisboa e Minho, das belgas de Hasselt e Lovaina e da Carl von Ossietzky de Alemaña. O comité científico está integrado polos profesores Mª del Carmen Carollo Limeres, Wenceslao González Manteiga e Carmen Cadarso Suárez.

The contents of this page were updated on 07.15.2011.