Skip to main content
STG

Farmacia continúa o programa de actos conmemorativos do 150 aniversario da facultade compostelá cun concerto do Grupo Haendel

O concerto, este mércores 21, conta co patrocinio de Barclays España

A Facultade de Farmacia continúa co desenvolvemento do programa de actividades conmemorativas do 150 aniversario da creación deste centro compostelán, nesta ocasión coa organización dun concerto interpretado por alumnos da Escola Superior de Música Reina Sofía que constitúen o Grupo Haendel de Portos do Estado. O concerto celebrarase este mércores 21 ás 20:00 horas na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.
O concerto, patrocinado por Barclays España, inclúe o Trío para piano, violín e violonchelo en mi bemol maior op. 1, número 1, de Ludwing van Beethoven e Trío para violín, violonchelo e piano número 1 en si maior op. 8 de Johannes Brahms.
O Grupo Haendel confórmano tres novos valores de apenas 20 anos, Erzhan Kulibaev, Fernando Arias e Alina Artemyeva, e foi creado ao amparo dun acordo entre a Fundación Albéniz e Portos do Estado.
Erzhan Kulibaev, violinista ruso, nace en Dzhezkazgán (URSS) en 1986. Comezou os seus estudios de violín aos 6 anos na Escola Especial de Música Kulash Baisetova da cidade de Alma Ata. Desde 1999 cursou estudos na Escola Media Especial de Música adxunta ao Conservatorio de Moscú. Dende o curso 2004-2005 completa a súa formación na Escola Superior de Música Reina Sofía na Cátedra de Violín Fundación Telefónica, baixo a dirección de Zakhar Bron, o seu titular. Ademais, como alumno desta Escola participou en leccións maxistrais de Silvia Marcovici.
Obtivo o segundo premio nos Concursos Xuvenís Internacionais Nadezhda 98 e logrou o diploma de primeiro grao no Concurso Virtuosos do século XXI, celebrado en Moscú en 2001. Tamén gañou o primeiro premio no Concurso Internacional de Violín Demidov, en Ekaterimburgo, en 2003, e o Premio Especial Paloma O'Shea da Escola Superior de Música Reina Sofía para o mellor participante no V Concurso Internacional de Violín de Novosibirsk, en maio de 2007.
Actuou como solista en salas de concerto do Conservatorio de Moscú, sala de actos A. P. Borodin e diversos museos. Tamén tocou coa Orquestra de Kazajstán "Academia de solistas", coa Orquestra Sinfónica Nacional do Teatro da Ópera e Ballet da cidade de Astaná, a Orquestra Sinfónica Estatal de Kazajstán, a Orquesta de Cámara BASN de Ekaterimburgo e coa Orquestra de Cámara da Capilla Académica de San Petersburgo.
Nacido en Madrid en1987, o violonchelista Fernando Arias estudou teoría musical e violonchelo na Academia CEDAM e no Conservatorio de Ferraz (Madrid). Continuou o seus estudos de instrumento con Ángel Luis Quintana. Recibiu clases maxistrais de violonchelo de Tomasz Strahl, D. Cole, Richard Aaron, Miklós Perenyi, P. Muller, Ivan Monighetti e Frans Helmerson, entre outros.
Obtivo o Primeiro Premio de Grado Medio ao mellor grupo instrumental do 2º Certame Musical Intercentros Hazen, o Primeiro Premio do 7º Concurso Nacional de Violonchelo e o Gran Premio do Concurso da Deputación de Toledo ao mellor instrumentista de corda en 2002. En 2006 obtén o Segundo Premio do Concurso Internacional de Violonchelo de Liezen (Austria) e o Primeiro Premio do Concurso Permanente de Novos Intérpretes de Xuventudes Musicais de España.
Como integrante de diversos grupos de cámara tivo como profesores a R. Schmidt e Marta Gulyas, e recibiu clases maxistrais de Walter Levin, V. Hagen e Ralf Gothoni. Actualmente completa a súa formación na cátedra SONY de violonchelo da Escola Superior de Música Reina Sofía con Natalia Shakhovskaya, ao tempo que goza dunha bolsa de matrícula e instrumento da Fundación Albéniz e da Consellaría de Educación da Comunidade de Madrid.
O prestixioso premio El Primer Palau na súa 12ª temporada foi outorgado ao novo violonchelista de 20 años Fernando Arias, xa premiado no Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España en 2006. O premio consiste en varios recitais a solo e con orquestra ademais de diñeiro en metálico. O violonchelista interpretou o concerto nº 1 de Schostakovich que levantou ao público dos seus asentos.
A pianista Alina Artemyeva (Ucrania, 1986) iniciou os seus estudos na Escola de Música de Kiev continuando a súa formación con S. Ryabova, na Escola-Internado Especial de Música da Academia Nacional Tchaikowsky de Ucrania. Dende o curso 2003-2004 é alumna da Escola Reina Sofía, na Cátedra Fundación Santander Central Hispano do profesor Bashkirov.
Participou en leccións maxistrais con I. Ryabov, T. Diusso, V. Kozlov, N. Sultanov, L. Roschina, D. Bashkirov, V. Margulis, A. Satz, E. Krasovsky, P. Frankl e R. Gothoni e actuou como solista coa Orquesta Freixenet dirixida por J. Wolfe no Palau da Música de Valencia e no Auditorio Nacional de Música de Madrid. Obtivo dous premios especiais no IV Concurso Internacional de Novos Pianistas Vladimir Horowitz in Memoriam (Kiev, 2001).

The contents of this page were updated on 11.20.2007.