EUniWell, a Universidade Europea para o Benestar, é unha das Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para recibir financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+. En xaneiro de 2023 a USC integrouse nesta rede da que forman parte na actualidade once institucións europeas.
- University of Birmingham (Reino Unido)
- Universität zu Köln (Alemaña)
- Università degli Studi di Firenze (Italia)
- Universität Konstanz (Alemaña)
- Linnéuniversitetet (Suecia)
- Universidad de Murcia (España)
- Nantes Université (Francia)
- Universidade de Santiago de Compostela (España)
- Semmelweis Egyetem (Hungría)
- Київський національний університет імені Тараса Шевченка (Ucraína)
- Institut national des langues et civilisations orientales (Francia)
Na actualidade, a Alianza engloba un total de 300.000 estudantes e 41.000 membros do cadro de persoal (docente e investigador, e de administración e servizos).
Actualidade
EUniWell desenvolve na USC o primeiro simposio do seu Centro de Estudos Avanzados
Para participar é preciso inscribirse antes do 20 de xuño
Read more
A Asemblea de Reitores e Reitoras de EUniWell culmina coa celebración do Día de Europa
O encontro finalizou cun acto simbólico para destacar os valores europeos que guían esta Alianza europea de universidades
Read more
Construíndo unha colaboración intersectorial polo benestar na primeira Reunión de Institucións Asociadas de EUniWell
A USC senta un precedente ao reunir 16 institucións asociadas a esta alianza europea a prol do benestar
Read more