EUniWell, a Universidade Europea do Benestar, é unha das Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para recibir financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+. En xaneiro de 2023 a USC integrouse nesta rede da que forman parte na actualidade once institucións europeas.
- University of Birmingham (Reino Unido)
- Universität zu Köln (Alemaña)
- Università degli Studi di Firenze (Italia)
- Universität Konstanz (Alemaña)
- Linnéuniversitetet (Suecia)
- Universidad de Murcia (España)
- Nantes Université (Francia)
- Universidade de Santiago de Compostela (España)
- Semmelweis Egyetem (Hungría)
- Київський національний університет імені Тараса Шевченка (Ucraína)
- Institut national des langues et civilisations orientales (Francia)
Na actualidade, a Alianza engloba un total de 300.000 estudantes e 41.000 membros do cadro de persoal (docente e investigador, e de administración e servizos).
Actualidade
EUniWell presenta o novo catálogo de cursos e formacións nun evento en liña que se desenvolverá o 12 de decembro
A oferta compóñena un total de 30 actividades de temática diversa e dirixidas ao conxunto da comunidade universitaria
Ler máisÚltimos días para presentarse á sétima convocatoria Seed Funding de EUniWell de financiamento de proxectos
Os proxectos innovadores seleccionados poderán recibir unha subvención de ata 25.000 euros
Ler máisAbre a sétima convocatoria Seed Funding de EUniWell, de financiamento de proxectos que melloren o benestar en todos os ámbitos
A presentación de propostas está aberta a toda a comunidade universitaria e os proxectos seleccionados poderán recibir unha subvención de ata 25.000 euros
Ler máis