Skip to main content
STG
Outono cultural
Música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais integran a programación deste Outono Cultural

A nova programación da USC leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples actividades que estenden a acción cultural da institución fóra das aulas para fomentar o espírito crítico do alumnado a través de eventos de  acceso libre.

As actividades de Outono Cultural están especialmente dirixidas ao alumnado da USC pero abertas ao conxunto da cidadanía. Cada unha delas ten diferentes condicións de acceso que dependen tanto da natureza do evento como do espazo no que se desenvolve. Na axenda cultural vaise publicando información sobre cada actividade.

 

Non perdas ollo ao noso Instagramé a nosa rede social máis activa e onde atoparás a información cultural da USC máis completa:  @cultura_usc

Tamén estamos en: @CulturaUSC e @AreadeculturaUSC

The contents of this page were updated on 10.02.2024.