Skip to main content
STG

Obradoiro presencial con inscrición previa

Sexenios 2025: Obradoiro de busca de indicios de relevancia e impacto

01.22.2026 | 09.30h-13.30h

Sala de Conferencias do Edificio CACTUS de Lugo.

Nesta acción formativa farase un repaso da convocatoria de sexenios de 2025, presentaranse as dimensións, métricas e fontes de bibliometría narrativa en artigos de revista e capítulos de libro, así como unha busca libre de relevancia e impacto dunha achega de cada investigador.

Está acción formativa celebrarase na Sala de Conferencias do Edificio CACTUS de Lugo
Está acción formativa celebrarase na Sala de Conferencias do Edificio CACTUS de Lugo

Os obxectivos deste curso serán: dar a coñecer os criterios de avaliación de convocatoria de sexenios de 2025, aproveitar os recursos que ofrece a Biblioteca Universitaria da USC para a busca de indicios de relevancia e impacto das achegas, comprender o alcance do concepto de Ciencia Aberta no ámbito da avaliación da investigación e  practicar a busca de indicios de relevancia e impacto dunha achega propia do investigador.

Esta acción formativa, coordinada por César Gómez Pérez e impartida por Inés Amboage García e Lorena Gómez Méndez, persoal de bibliotecas do Campus de Lugo, celebrarase na Sala de Conferencias do Edificio CACTUS de Lugo.

The contents of this page were updated on 01.15.2026.