Nesta acción formativa farase un repaso da convocatoria de sexenios de 2025, presentaranse as dimensións, métricas e fontes de bibliometría narrativa en artigos de revista e capítulos de libro, así como unha busca libre de relevancia e impacto dunha achega de cada investigador.
Os obxectivos deste curso serán: dar a coñecer os criterios de avaliación de convocatoria de sexenios de 2025, aproveitar os recursos que ofrece a Biblioteca Universitaria da USC para a busca de indicios de relevancia e impacto das achegas, comprender o alcance do concepto de Ciencia Aberta no ámbito da avaliación da investigación e practicar a busca de indicios de relevancia e impacto dunha achega propia do investigador.
Esta acción formativa, coordinada por César Gómez Pérez e impartida por Inés Amboage García e Lorena Gómez Méndez, persoal de bibliotecas do Campus de Lugo, celebrarase na Sala de Conferencias do Edificio CACTUS de Lugo.