O curso que se oferta enmárcase no Plan para o Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias (Plan Microcreds), financiado a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no Compoñente 21, Investimento 6.
Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar unha nova oferta de microcredenciais universitarias orientadas á recualificación da poboación adulta, mediante accións formativas breves, flexibles e modulares, enfocadas á adquisición de habilidades e competencias específicas demandadas no mercado laboral.
Neste contexto, o curso destínase especificamente á formación de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou mulleres en contextos de prostitución, usuarias dos servizos de Cáritas Diocesana de Santiago a través do Programa Vagalume.
A posta en marcha da Microcredencial Universitaria en Atención Integral a Persoas Maiores xustifícase polo incremento sostido da demanda de profesionais con competencias específicas no ámbito do coidado integral das persoas maiores, un sector en clara expansión debido ao envellecemento da poboación. Así mesmo, detéctase unha carencia de formación especializada entre as usuarias do Programa Vagalume de atención integral a mulleres en contextos de prostitución con fins de explotación sexual, o que dificulta o seu acceso ao mercado laboral. Esta microcredencial pretende contribuír á mellora da súa empregabilidade, dotándoas dos coñecementos e habilidades necesarias para a inserción laboral no sector dos coidados a persoas maiores, favorecendo ao mesmo tempo a súa inclusión social e profesional.
Programa
Tema 1. Técnicas e habilidades esencias.
Tema 2. Coidar con empatía.
Tema 3. Mobilizacións e coidados a persoas dependentes.
Tema 4. Asistencia domiciliaria.
Tema 5. Coidados de enfermería
Obxectivos
O/a estudiante debe coñecer as normas de hixiene, movilización e asistencia no fogar para o coidado de persoas maiores e/o con dispacidade.
O/a estudiante debe coñecer as técnicas de movilización de persoas con problemas de movilidade.
O/a estudiante debe coñecer os cuidados especiais requeridos polas persoas maiores, tanto a nivel físico como psicolóxico.
O/a estudiante debe adquiririr os coñecementos necesarios para a asistencia a personas maiores e/o con discapacidade.
Competencias
T.6.1
-Aplicar normas de higiene.
-Gestionar enfermedades crónicas.
-Ofrecer asistencia en el hogar a personas con discapacidad
S3.6.1. Prestar asistencia a personas con problemas de movilidad
S3.6.2.
-Cuidar a personas mayores
-Ofrecer asistencia en el hogar a personas con discapacidad
K0921.-Asistencia a adultos mayores y/o con discapacidad.
Metodoloxía
Clases presenciais teórico/prácticas.
Prazo de Preinscrición: do 10/02/2026 ao 20/02/2026
Prazo de Matrícula: do 23/02/2026 ao 04/03/2026.
Criterios de Selección: Persoas entre 25 e 64 anos cumpridos na data de comezo do curso. A selección farase por orde de inscrición e terán prioridade as persoas usuarias do Programa Vagalume.
Número de horas: 15
Datas de inicio e fin das actividades formativas: do 16/03/2026 ao 26/03/2026
Horarios:
Haberá dúas edicións do curso:
- Primeira edición (quenda de mañá):
16, 17, 18, 19, 23, 24 y 25 marzo de 11:00 a 13:00h
26 de marzo de 10:00 a 13:00h - Segunda edición (quenda tarde):
16, 17, 18, 19, 23, 24 y 25 marzo de 17:00 a 19:00h
26 de marzo de 16:00 a 19:00h
Lugar: Facultade de Enfermaría da USC. Santiago de Compostela.