Ir o contido principal
STG
atención integral maiores

O curso que se oferta enmárcase no Plan para o Desenvolvemento de Microcredenciais Universitarias (Plan Microcreds), financiado a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no Compoñente 21, Investimento 6.

Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar unha nova oferta de microcredenciais universitarias orientadas á recualificación da poboación adulta, mediante accións formativas breves, flexibles e modulares, enfocadas á adquisición de habilidades e competencias específicas demandadas no mercado laboral.

Neste contexto, o curso destínase especificamente á formación de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou mulleres en contextos de prostitución, usuarias dos servizos de Cáritas Diocesana de Santiago a través do Programa Vagalume.

A posta en marcha da Microcredencial Universitaria en Atención Integral a Persoas Maiores xustifícase polo incremento sostido da demanda de profesionais con competencias específicas no ámbito do coidado integral das persoas maiores, un sector en clara expansión debido ao envellecemento da poboación. Así mesmo, detéctase unha carencia de formación especializada entre as usuarias do Programa Vagalume de atención integral a mulleres en contextos de prostitución con fins de explotación sexual, o que dificulta o seu acceso ao mercado laboral. Esta microcredencial pretende contribuír á mellora da súa empregabilidade, dotándoas dos coñecementos e habilidades necesarias para a inserción laboral no sector dos coidados a persoas maiores, favorecendo ao mesmo tempo a súa inclusión social e profesional.


 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2026.