A USC convoca prazas de mobilidade para estudos de grao, dobre grao ou máster superiores a 60 ECTS en universidades de países extracomunitarios ao abeiro dos convenios bilaterais subscritos con elas. A finalidade do programa é ofrecer ao estudantado da USC a posibilidade de realizar estudos, durante un ou dous semestres, plenamente recoñecidos pola USC que pasarán a formar parte do expediente académico do estudantado.
As solicitudes de mobilidade deberán realizarse en liña, a través da Secretaría Virtual do estudantado, https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/ , desde o día seguinte á publicación da convocatoria ata as (23:59:59 h) do 9 de marzo de 2026.
As prazas asignadas poden contar con opción de financiamento a través do programa Erasmus+
E-mail de contacto: bilateral.exchange [at] usc.gal (bilateral[dot]exchange[at]usc[dot]gal)
Prazo e medio de solicitude
As solicitudes de mobilidade deberán realizarse en liña, a través da Secretaría Virtual do estudantado
https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/
desde o día seguinte á publicación da convocatoria (o 14 de febreiro) ata as (23:59:59 h) do 9 de marzo de 2026 .
Unha vez finalizada a solicitude, a aplicación non permite volver acceder aos datos, polo que se durante o prazo de solicitudes o estudantado quere realizar algunha corrección ou modificación, deberá abrir unha nova solicitude. Terase como válida a última solicitude concluída correctamente na aplicación informática antes do fin do prazo de solicitudes.
Selección de destinos
No Anexo I consta o número total de prazas ofertadas en cada universidade de destino, especificando límites por titulacións nalgúns casos.
É responsabilidade do estudantado examinar a oferta académica das universidades da súa preferencia e facer unha escolla acorde á súa titulación e perfil académico.
Algunhas universidades aplican tamén restricións de prazas por áreas de coñecemento ou segundo o convenio coa USC. Estes requisitos deberán ser comprobados polo estudantado antes de facer a escolla de destinos. No Anexo I trátase de dar a información máis completa posible, pero non exime de comprobar nas follas de datos que se aportan nin nas páxinas web das institucións.
Deben seleccionarse 5 universidades en orde de preferencia. No caso de que sexan menos as institucións desexadas, deberá repetirse o último destino seleccionado ata chegar ás 5.
Unha vez analizada a oferta de destinos e feita unha escolla o estudantado deberá asesorarse co/a RIC do seu centro na USC, sobre a procedencia da escolla, aportándolle a información relevante sobre a súa titulación no destino.
Finalizado o prazo de solicitudes, non se poderá cambiar os destinos ou a orde dos mesmos e non haberá listaxes de agarda nin reasignacións de destinos nas vacantes producidas por renuncias.
Destinos con requisito lingüístico
No caso de solicitar destinos con requisito lingüístico o estudantado deberá cargar na aplicación informática a documentación requirida na convocatoria ou será excluído para os destinos con ese requisito.
A USC non esixe a acreditación do nivel de portugués para as universidades do Brasil, pero é necesario comprobar que as universidades non conten con esixencias específicas superiores de carácter lingüístico.
Asignación de destinos
O proceso de asignación de destinos será competencia da Oficina de Mobilidade, e a adxudicación da praza por parte da USC non implica que a persoa solicitante sexa necesariamente aceptada na institución de destino, que se reserva a potestade de admisión.
Os destinos serán asignados en base aos solicitados polo/a estudante e por estrita orde de media académica (a data 31/10/2025).
A Oficina de Mobilidade non asignará unha praza alternativa ao estudantado que fose rexeitado por unha universidade de acollida por non existir nela a súa titulación ou por restricións expresas desa titulación para o intercambio.
Convocatoria
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/137938/carga.htm
Corrección de erros da convocatoria:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/138054/carga.htm
Resoluciones derivadas de la convocatoria