Pasar al contenido principal
STG
Convocatoria 2026-27 para a mobilidade de estudantes de Grao e Máster superiores a 60ECTS a universidades socias coas que a USC conta con convenios bilaterais
Co-financiado pola UE

A USC convoca prazas de mobilidade para estudos de grao, dobre grao ou máster superiores a 60 ECTS en universidades de países extracomunitarios ao abeiro dos convenios bilaterais subscritos con elas. A finalidade do programa é ofrecer ao estudantado da USC a posibilidade de realizar estudos, durante un ou dous semestres, plenamente recoñecidos pola USC que pasarán a formar parte do expediente académico do estudantado. 

As solicitudes de mobilidade deberán realizarse en liña, a través da Secretaría Virtual do estudantado, https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/ , desde o día seguinte á publicación da convocatoria ata as (23:59:59 h) do 9 de marzo de 2026.

As prazas asignadas poden contar con opción de financiamento a través do programa Erasmus+

E-mail de contacto: bilateral.exchange [at] usc.gal (bilateral[dot]exchange[at]usc[dot]gal)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2026.