Pasar al contenido principal
STG
Imaxe representativa
Todas as persoas pertencentes á comunidade universitaria dispoñen de credenciais consistentes nun identificador de usuario e un contrasinal que permitirán o acceso ordinario aos recursos e servizos.

A identificación nos servizos TIC

Todos os membros da comunidade universitaria dispoñen de credenciais consistentes nun identificador de usuario e un contrasinal que permitirán o acceso ordinario aos recursos e servizos. O identificador de usuario/a terá un formato do tipo nome.apelido@dominio.

As condicións de uso das credenciais ordinarias e de outras como, por exemplo, as baseadas en certificados están indicadas no Regulamento de uso das TIC (artigo 13).

Ciclo de vida

As credenciais son xeradas de oficio en función do colectivo:

  • Estudantes: no momento da matrícula.
  • PDI e PAS: no momento de formalizar o contrato.

Inhabilitaranse as credenciais cando non sexan necesarias para a prestación do servizos garantidos pola normativa vixente, manténdose neste estado o tempo necesario para atender ás necesidades de trazabilidade requirida na lei.

As credenciais de estudantes egresados serán eliminadas cando non se rexistre actividade nos últimos 4 anos, entre outros motivos.

Actividades relacionadas

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.05.2024.