Pasar al contenido principal
STG

Sumo Valor

A Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha Sumo Valor, un programa de mecenado que implica a empresas, persoas e institucións nas actividades, proxectos e servizos cos que a USC demostra a súa permanente conexión coa sociedade.

Se eres particular ou a través dunha empresa podes realizar achegas, que teñen dedución fiscal, contribuíndo a que proxectos de vital importancia polo seu potencial impacto na sociedade acaden os seus obxectivos. Non quedes fóra, suma valor.

Sumo Valor

Pagamento e deducións

Para realizar o pagamento, pódese empregar, como método de pagamento, unha tarxeta de crédito ou débito.

Tamén é posible facer unha aportación de mecenado mediante unha transferencia bancaria á conta  ES98-0049-2584-9528-1421-6066, na que se debe indicar o programa que se apoia xunto co nome e apelidos, NIF, dirección postal e correo electrónico.

Se escolle a opción de pagamento con tarxeta ou a de facer o ingreso na entidade bancaria, ao rematar a solicitude ofreceráselle a opción de pagar con TPV ou descargar a folla de liquidación para que a imprima e faga o ingreso na entidade bancaria. Se escolle pagamento por transferencia, deberá ter feita a transferencia antes de completar os formularios e achegar o xustificante da transferencia bancaria en PDF no seguinte paso.

Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas terán dereito a deducir da cota íntegra o resultado de aplicar á base da dedución correspondente ao conxunto de doazóns con dereito a dedución, a seguinte escala:

Base de dedución Porcentaxe de dedución
Doazóns á USC de ata 250 euros 80%  
Resto da base de dedución 40% 45% *

Dedución adicional da Comunidade Autónoma de Galicia para persoas físicas:

Así mesmo, o Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, contempla unha dedución adicional para persoas físicas. O artigo 5 apartado doce da citada norma, recolle unha dedución nas doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica:

“Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica do imposto o 25 %, ata o límite do 10 % de dita cota, dos donativos monetarios que fagan a favor de centros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos (...)”.

Deste xeito, a combinación da dedución estatal e autonómica, cando se cumpran os requisitos legalmente previstos, poderá elevar a dedución no IRPF ata o 100 % das cantidades doadas.

 

*Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores se realizaron donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución en favor da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o importe do donativo, doazón ou achega deste exercicio e do período impositivo anterior, igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio inmediato anterior.

Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades terán dereito a deducir da cota íntegra, minorada nas deducións e bonificacións previstas nos Capítulos II, III e IV do Título VI da Lei 43/1995, de 27 de decembro, do Imposto sobre Sociedades, a seguinte cantidade:

Base de dedución Porcentaxe de dedución
Importe doado á USC 40% 50% *

*Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores se realizaron donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución en favor da Universidade de Santiago de Compostela sendo o importe do donativo, doazón ou achega deste período impositivo e do período impositivo anterior, por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do período impositivo inmediato anterior.

Téñase en conta que os anteriores importes poden variar en función das modificacións e actualizacións lexislativas que a norma poida experimentar. Para obter unha información completa e actualizada sobre o réxime fiscal aplicable, pode consultarse a Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

Últimas novas relacionadas