Skip to main content
STG

Latest news

Remesas de sustentabilidade ambiental cara a Iberoamérica

A Universidade Nacional de Ciencias Forestais (Unacifor) de Honduras súmase ao programa de doutoramento en Ciencias Agrícolas e Medio Ambiente da USC, coordinado polo catedrático Agustín Merino e a través do que máis dunha ducia de docentes e investigadores de universidades de países de latinoamericanos acadaron a súa capacitación como doutores desde 2017

Read more

Acreditacións internacionais con dimensión laboral

O reitor da USC entrega á Facultade de Veterinaria e á EPS de Enxeñaría as certificacións da EAEVE e os selos de calidade EUR-ACE acadados polos graos en Veterinaria, Enxeñaría Civil e Forestal e o máster en Montes que permiten a persoas tituladas no Campus de Lugo da USC exercer como profesionais no plano internacional

Read more

Novo pulo á produción ecolóxica en Galicia

A USC e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia colaborarán en programas de divulgación, asesoramento e formación de persoal técnico e investigador, segundo o convenio asinado entre o reitor Antonio López e o presidente do Craega, Francisco López Valladares

Read more

O ‘Pan Galego’ esculca novas variedades locais

A tese de doutoramento desenvolvida na EPS de Enxeñaría da USC por Luis Urquijo Zamora baixo a dirección dos profesores Oliveira Prendes e Ruiz Nogueiras, agrupa en 18 grupos mais homoxéneos 110 ecotipos de trigo incluídos no Banco de Xermoplasma de Cereais de Inverno do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Read more