Os tres campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia exploran liñas de colaboración e sinerxías en I+D
A delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, participa en Ourense nun encontro informativo cos directores e técnicos do Campus Industrial de Ferrol e do Campus da Auga da UVigo para abordar posibles ámbitos de cooperación
Read moreFondo pesar na USC polo pasamento do profesor José Mª Nieto Martínez
O catedrático do Departamento Anatomía e Produción Animal da USC desenvolveu unha destacada traxectoria académica e científica na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo
Read moreO comercio de sambesugas no século XIX converteu a lagoa de Antela nun punto clave da súa produción
Unha investigación da USC e da Universidade de Cádiz desvela que a moda de usar estes vermes na medicina francesa na década de 1820 obrigou a establecer vedas
Read moreO IX Findecurta vaticina 11 escenarios do ‘Último día na Terra’
O certame cinematográfico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural e que citou uns 100 participantes premiará con 400 euros o traballo máis valorado polo xurado e garante a proxección das dúas mellores propostas na Semana de Cine de Autor de Lugo
Read moreVeterinaria acada o selo de excelencia da Xunta de Galicia á calidade universitaria
O decano do centro universitario do Campus Terra, Gonzalo Fernández, sinala que este recoñecemento súmase á acreditación europea da que xa goza o título e implica un compromiso por seguir a mellorar
Read moreUnha nova Faísca Cultural prende a reflexión sobre a sociedade do espectáculo e a construción de identidades
Nesta ocasión participará alumnado de Ciencias da Comunicación e de Psicoloxía, empregando como fío a última produción do Centro Dramático Galego
Read moreEducación, formación e información son recursos que melloran a capacidade de coidado persoal, salienta un foro de Enfermaría
As XXVII Xornadas da Escola Universitaria de Enfermaría ‘Usuarios e profesionais traballando xuntos’ reúnen até este mércores no HULA máis de 300 participantes
Read moreA USC convoca unha liña de axudas dirixidas ao alumnado para organizar encontros estatais de sectoriais de estudantes
Coa iniciativa preténdese fomentar a autonomía do estudantado na organización deste tipo de eventos
Read moreUnha exposición en Bioloxía desmonta falsas crenzas sobre as vacinas
'Vacinando. Dous séculos e sumando!' pode visitarse ata o 23 de abril
Read moreO IGFAE participa na detección dunha colisión pouco habitual entre dous obxectos cósmicos a 650 millóns de anos luz da Terra
A observación de ondas gravitacionais permite sospeitar que o máis lixeiro é unha estrela de neutróns e o máis pesado un burato negro
Read moreO estudantado de Comunicación difundirá os seus traballos a través da web-repositorio A Sementeira
O portal www.asementeira.gal tamén estará aberto á publicación de contido relacionado coas titulacións por parte do alumnado xa egresado
Read moreA Administración ‘recruta’ enxeñeiros agrónomos no Campus Terra da USC
O Corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado ofrece un amplo abano de saídas profesionais para as persoas tituladas na EPS de Enxeñaría, a pesar de que apenas cubre un terzo das prazas de emprego público ofertadas nos últimos anos, subliñan a directora do Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal, Irene Suárez, e Joana Castro, funcionaria na Xerencia Territorial do Catastro en Lugo
Read more