Económicas celebra o vixésimo quinto aniversario da promoción 1985-1989
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este venres 16 un acto académico para conmemorar o vixésimo quinto aniversario da promoción de Económicas que cursaron estudos neste centro entre os anos 1985-1989. A cerimonia terá lugar ás 19.30 horas no Salón de Graos da Facultade e contará coas intervencións da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas, o que fora decano da promoción Luís Caramés Vieitez e a tamén profesora do centro e alumna desta promoción, Charo Díaz Vázquez, que falará en representación dos seus compañeiros.
A promoción está integrada por ao redor de 40 alumnos e son varios os que actualmente imparten docencia na USC como profesores da propia facultade, como Maite Cancelo, Marisa Chas, Charo Díaz, Isidro Frias, Salomé Taboada e Miguel V. Taín.