Presentación na Vicerreitoría de Lugo do curso ‘Clausus est Ianus: Augusto e a transformación do noroeste hispano’
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este martes, ás 11.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, o curso ‘Clausus est Ianus: Augusto e a transformación do noroeste hispano’, un seminario monográfico conmemorativo dos 2.000 anos do pasamento do emperador Augusto que se desenvolverá na Facultade de Humanidades do 16 ao 18 de xullo.
Os directores deste curso, os profesores do Departamento de Historia I da USC, María Dolores Dopico e Manuel Villanueva, aproveitarán a presentación deste seminario para ofrecer ampla información sobre os contidos do programa, así como sobre cuestións referidas a prazos de matrícula, taxas... no transcurso dun acto no que tamén intervirá o deputado provincial responsable da Área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, así como un representante da Facultade de Humanidades, que tamén figura entre os organizadores desta actividade.