Skip to main content
STG

A Unidade de Atención Temperá desenvolverá este venres un taller de relaxación familiar

A Unidade de Atención Temperá da USC retomará o vindeiro venres 6 o seu servizo de debates, charlas e obradoiros gratuítos 'Choiva de ideas' para ofrecer, nesta ocasión, un taller de relaxación familiar. Será nunha sesión que se celebrará nas instalacións da Unidade na Facultade de Psicoloxía partir das 19.0 horas e que estará dirixida a pais, nais e fillos. Quen asista poderá coñecer de primeira man e levar á práctica as distintas técnicas de relaxación familiar para aliviar o estres. Da man de persoal da Unidade, aprenderán a mellor maneira de xestionar as súas emocións e acadar así maior seguridade en si mesmos, a través de técnicas de aprendizaxe de respiración, de relaxación muscular así como de exercicios asociados a sensacións agradables, de tranquilidade e confianza. Desta maneira, os máis pequenos e os seus proxenitores aprenderán a coñecerse a si mesmos e a manexar habilidades necesarias de autocontrol que facilitarán o seu desenvolvemento futuro. A actividade, gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas ata cubrir prazas, mantén o prazo de inscrición aberto, para o que será preciso enviar un correo ao enderezo da directora da Unidade mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es). A iniciativa Choiva de ideas é un ciclo de debates que comezou en novembro cunha xornada para ensinar a pais e nais a entender a linguaxe corporal dos seus fillos e que continuou cunha sesión sobre as adopcións e nenos roubados.

The contents of this page were updated on 06.04.2014.