Skip to main content
STG

500 prazas para aprender idiomas este verán nalgún dos 25 cursos intensivos que ofrece a USC

500 prazas para aprender idiomas este verán nalgún dos 25 cursos intensivos que ofrece a USC
500 prazas para aprender idiomas este verán nalgún dos 25 cursos intensivos que ofrece a USC
Os interesados/as en cursar inglés ou francés teñen que apuntarse na proba de nivel antes do 15

Ata o 25 deste mes teñen as persoas interesadas para inscribirse nalgún dos vinte e cinco cursos intensivos de dezaseis idiomas que ofrece este verán a USC nos campus de Santiago e Lugo a través do Centro de Linguas Modernas. Ofértanse un total de 500 prazas, con grupos dun máximo de 20 persoas por curso para traballar principalmente as súas competencias orais.

Os cursos desenvolveranse en horario de mañá e/ou tarde entre os días 7 e 18 de xullo en horario de mañá e están dirixidos, preferentemente, a alumnado da USC que marchen cunha bolsa de mobilidade a algunha universidade estranxeira pero están abertos a maiores de 16 anos.

No campus de Santiago impartiranse os cursos de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso, xaponés, lingua de signos española e como novidade celebrarase un curso de inglés para fins académicos, titulado ‘English for Academical Purposes’ no campus de Santiago. No campus de Lugo a programación inclúe os cursos de alemán, chinés, francés, inglés, portugués e lingua de signos española.

A matrícula pode facerse por internet na páxina do CLM e a USC mantén as mesmas taxas de matrícula que en anteriores edicións con dúas modalidades, unha xeral de 175 euros e reducida para membros da comunidade universitaria de 150 euros.

Proba de nivel
Para os cursos de inglés e francés é preciso realizar unha proba de nivel para a que é preciso inscribirse con anterioridade. O prazo remata o 15 de xuño e a proba terá lugar o día 17 para os dous campus. Os cursos de iniciación ao idioma inclúen contidos do nivel A1 segundo o Marco Común Europeo de Referencia, necesarios durante as estadías de estudos, traballo e/ou de turismo, así como outros relacionados coa cultura do país.

Para máis información pode consultarse a páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/clm/modules/novidades/news_0002.html ou visitar as sedes do CLM en Lugo, na Facultade de Humanidades, e en Santiago na Casa dos Catedráticos, no Campus Vida.

The contents of this page were updated on 06.04.2014.