Skip to main content
STG

60 alumnos e docentes visitan Italia da man da sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos na ‘Operación Ara Pacis’

Estudantes e docentes que visitaron Italia no marco da Operación Ara Pacis
Estudantes e docentes que visitaron Italia no marco da Operación Ara Pacis

A viaxe de estudos a Italia, alcumada ‘Operación Ara Pacis’ e organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC), que ten a súa sede na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, levou a comezos de mes de visita a Roma, Florencia e Pompeia 60 estudantes e profesores de centros educativos da comarca da Coruña, Ferrol e Negreira. Esta viaxe, que se encadra no abano de actividades organizadas pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos para promover a difusión da cultura grecolatina, estivo coordinada por Fernando Domènech e Ricardo Martín, que son membros da SEECGalicia, actualmente presidida por Cecilia Criado.

A expedición, que tivo unha duración de cinco días, permitiu aos participantes visitar Roma, ademais de desprazarse a Nápoles para ver as ruínas de Pompeia e a Florencia en excursións dun día, resultou un éxito, como o constata o interese amosado polos estudantes e as felicitacións recibidas que recibiu o grupo parte dos diversos guías que o acompañaron.

The contents of this page were updated on 03.14.2014.