Skip to main content
STG

A firma austríaca LKW Walter, líder en tráfico europeo de cargas, selecciona o luns titulados da USC para traballar na compañía

A compañía austríaca de organización de transporte LKW Walter, líder en tráfico europeo de cargas completas, seleccionará o vindeiro luns, día 10 de marzo, titulados/as da Universidade de Santiago de Compostela para incorporar ao cadro de traballadores da empresa.

Responsables da empresa LKW Walter achegaranse o luns á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Compostela para facer unha presentación da compañía, así como da actividade profesional que desenvolven a estudantes e titulados/as da USC. Esta xornada de presentación empresarial, organizada ao abeiro do programa Europracticum VII, desenvolverase o luns, 10 de marzo, a partir das 12.30 horas, na aula 20 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias de Compostela. Os responsables da devandita compañía austríaca aproveitarán este encontro con universitarios e titulados para recoller currículos e seleccionar así candidatos/as interesados/as en pasar a formar parte do cadro de traballadores da empresa. Esta xornada de achegamento do mundo empresarial a egresados/as universitarios/as vai dirixida especialmente a titulados/as e graduados/as en Administración e Dirección de Empresas, Económicas, diplomados en Ciencias Empresariais, graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como a titulados con máster en Dirección de Empresas ou máster en Economía, organización industrial e mercados financeiros. Todos os candidatos interesados en participar neste proceso de selección deben acreditar coñecementos de alemán.

The contents of this page were updated on 03.07.2014.