Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

Charla do doutor Pedreira Massa na Unidade de Atención Temperá sobre maltrato e acoso na familia

A Unidade de Atención Temperá da USC organiza unha nova sesión da Choiva de ideas na que o paidopsiquiatra e doutor do Hospital Neno Xesús de Madrid, José Luis Pedreira Massa, dará o venres 4 as claves para afrontar casos de maltrato, acoso e violencia intrafamiliar. Acreditado pola Federación Española de Asociacións de Psicoterapeutas, Pedreira é membro fundador da Asociación Española de Psicoterapia. Trátase dunha charla gratuíta, dirixida a todas as persoas interesadas na materia, para a que xa se abriu o prazo de inscrición. As interesadas deben enviar un correo a mjosecarmen.buceta@usc.es ou na sección de contacto desta páxina web. Durante a xornada -que se celebrará na sede da Unidade de Atención Temperá, na Facultade de Psicoloxía, a partir das 19:30 horas- coñeceranse as pautas terapeutas e preventivas a seguir no ámbito familiar e educativo nos distintos casos de maltrato, que abrangue dende violencias psicolóxicas ou físicas ata abusos, acoso escolar ou neglixencias na atención ás necesidades para un crecemento e desenvolvemento axeitados. Choiva de ideas O ciclo mensual Choiva de ideas comezou o pasado mes de novembro cunha sesión para ensinar a pais e nais a entender a linguaxe corporal dos seus fillos e fillas. A esa charla seguíronlle outras sobre adopcións, a realidade dos nenos roubados ou procesos de custodia compartida.

The contents of this page were updated on 07.01.2014.