Skip to main content
STG

A Unidade de Atención Temperá amplía as datas para axudar a familias e docentes a detectar e intervir en casos de acoso entre menores

Ante a demanda para asistir á xornada sobre acoso entre menores posta en marcha pola Unidade de Atención Temperá o vindeiro 22 de maio, o grupo que dirixe a profesora María José Buceta decidiu organizar unha nova charla gratuíta dirixida tamén especificamente a pais e nais e aos docentes de centros educativos e escolas infantís. Será o vindeiro 28 de maio ás 19:00 horas nas instalacións da Unidade, na Facultade de Psicoloxía, cando teña lugar esa nova sesión para 25 persoas, que deberán inscribirse no enderezo mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es). O acceso á xornada realizarase por rigorosa orde de inscrición. Nas charlas informativas dos días 22 e 28 de maio, os especialistas da Unidade afondarán nos protocolos que deben seguir tanto docentes como pais e nais en casos de acoso escolar, tanto se son quen os sofren como se son os acosadores. Máis dunha década na USC A Unidade de Atención Temperá leva máis dunha década traballando no seno da Universidade, tempo no que tratou a máis de 2.500 menores afectados por trastornos ambientais con factores de estres, exclusión social, trastornos na linguaxe ou algún tipo de enfermidade rara.

Composta por un equipo multiprofesional do ámbito social, educativo e psicolóxico, a Unidade conta con salas de logopedia, terapia de xogo, atención temperá, investigación, estimulación precoz e atención psicopedagóxica.

The contents of this page were updated on 04.30.2013.